|
Article in other languages: |
The Kinks foi un grupo musical británico formado en Londres nos anos 60 polos irmáns Ray e Dave Davies.
TraxectoriaPrimeira etapaDesde os seus primeiros tempos estaban moi influídos polo Rock and roll e o Rhythm & blues americanos. En 1964 conseguiron o seu primeiro nº 1 nas listas británicas con "You Really Got Me ",a súa canción máis emblemática, dándose a coñecer como parte da Invasión Británica en Estados Unidos (nº 7 en Billboard ) Esta canción permaneceu como unha das máis significativas da década dos 60 e o seu son é considerado precursor do Hard rock. Segunda etapaA evolución como compositor de Ray Davies, levou ao grupo a unha segunda época cun son moito máis "británico" e Pop, que lles proporcionou éxitos como "Sunny Afternoon" ou "Waterloo Sunset". Os seus traballos nestes anos exerceron gran influencia en movementos tan distintos como o Glam Rock, o Punk, ou a New Wave , malia que, en términos de popularidade e apoio do seu discográfica, sempre estiveron á sombra de The Beatles, The Rolling Stones ou The Who. En 1970 e tras un período de menor presenza nas listas, alcanzaron o seu último nº 1 no Reino Unido co single "Lola". Os seus problemas coa discográfica Pye levoulles a asinar por RCA , iniciando unha fase caracterizada polo rock con tintes teatrais. Debido á falta de apoio promocional, o grupo pasou a un segundo plano, sobre todo no seu país, o que fai que se trasladen aos Estados Unidos. Alí asinaron con Arista, discográfica coa que gozaron dun novo periodo de éxito no cambio de década e os primeiros anos 80, éxito que non se volveu a repetir ata a súa separación en 1997. DiscografíaÁlbums de estudo
Vivos
Principais Recompilatorios
Véxase taménLigazónsQuestions for article: , khamit kink |
|||||||||||||||||||||||||||||
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.
IHS Europe: Infrared Heating Systems for Home and Business.